No Nadal de 2017, Nikis encargoume a creación dunha tarxeta de felicitación. Propuxen o lema “amor, pés quentes e moita fartura”, que encaixaba á perfección coa súa filosofía de comunicación. A partir dese concepto, desenvolvín un lettering visualmente impactante para darlle vida á mensaxe.