Despois de anos duros de pandemia, Carlos e María abriron o Pataghillón, un local feito por e para a xente d'Ogrobe baixo o concepto de “mecotaberna”. O lugar tamén rende tributo á xente traballadora das fábricas conserveiras que durante décadas funcionaron na vila, ao tempo que ofrece na súa carta produto do mar local fresco. Para o lettering do logo traballei man a man con Nano Besada, chegando á conclusión de que o abrelatas tradicional —un invento do galego José Valle Armesto— era perfecto e representativo dun peixe que se consome maioritariamente en conserva. O termo “pataghillón” é como se denomina n'Ogrobe á “agulla”, “alcrique” ou “chandarme”.
