Sobre min

Na casa sempre me chamaron Rubén. Nacín e criínme n'Ogrobe en 1983 pero xa levo vivindo n'A Coruña moitos anos.

De pequeno gustábame moito debuxar e ler Astérix e Obélix.

Comecei na tipografía en 2005 querendo replicar un tipo de letra que aparece no packaging dunha coñecida marca de iogures e fixen as miñas primeiras fontes empregando Corel Draw. Algunhas delas podédelas encontrar en Dafont.

Podédesme seguir a pista en Mastodon ou Instagram.

De cando en vez tamén fago listas de Spotify coa música que me emociona no momento.

E o meu email é o rubenprol(at)gmail.com

As fontes que emprego nesta web son unhas que aínda estou a deseñar que se chaman Modorra (serif) e Loli (sans serif).